Noia

O IES Campo De San Alberto (Noia) recibe o primeiro premio do certame nacional Miguel Hernández

O IES Campo De San Alberto (Noia) recibe o primeiro premio do certame nacional Miguel Hernández

Estes premios que o Ministerio convoca desde 1991, teñen como obxectivo recoñecer e divulgar o labor realizado por institucións públicas, entidades privadas sen ánimo de lucro e centros públicos de educación de persoas adultas de todo o Estado que se distingan por ofrecer unha educación e formación permanente innovadora de calidade ás persoas adultas, pola súa achega eficaz nas diferentes formas de alfabetización, por favorecer o acceso á educación e á formación dos grupos socialmente desfavorecidos e en situación de vulnerabilidade, por contribuír ao desenvolvemento das competencias clave, por desenvolver accións cuxo obxectivo sexa o de mellorar o nivel educativo e a formación deste colectivo para facilitar o desenvolvemento persoal, social e profesional na actual sociedade do coñecemento e por favorecer a formación das persoas maiores. É a primeira vez que estes galardóns, de carácter estatal, se entregan nun acto celebrado fóra da capital do Estado.

Faros e estacións. Viaxe a Ítaca é o proxecto que fixo gañador ao noiés IES Campo de San Alberto, un proxecto europeo desenvolvido en colaboración con varios socios (Croacia, Grecia, Portugal e Eslovenia) co obxectivo de elaborar unha Guía Pedagóxica sobre Cine e Emigración. O traballo estuda o fenómeno da emigración desde un enfoque globalizador e multidisciplinar, combinando a dimensión histórico-artística dos conceptos de cine e emigración en todas as súas vertentes: humana, lingüística, económica, política, laboral…

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.