24.6 C
Chicago
20 agosto, 2026
Image default

Veciños e visitantes xa poden disfrutar dunha remozada senda peonil no entorno da praia da Pinisqueira en Couso

Veciños e visitantes xa poden disfrutar dunha remozada senda peonil no entorno da praia de Pinisqueira, en Couso (Aguiño) despois de que o Ministerio de Medio Ambiente a través da Demarcación de Costas do Estado realizara uns traballos de conservación e mellora.

Esta acción conlevou un investimento de 47.840 euros, IVE incluído, e foi desenvolvida pola empresa Ecogarden Galicia S.L.

Ademais de traballos de conservación e mantemento, o proxecto incluíu o desprazamento dun tramo de 75 metros de pasarela que estaba moi exposto aos temporais a outro emprazamento máis seguro situado tamén dentro do dominio público marítimo-terrestre.

Related posts

AS AUGAS DE SÁLVORA ACOLLERON UNHA NOVA ACCIÓN DE RESTAURACIÓN DOS FONDOS MARIÑOS IMPULSADA POR AMICOS

CloudyX

O FUTURO DA ANTIGA FÁBRICA DE CERQUEIRA PASA POR CONVERTELA NUN ESPAZO MULTIUSOS, ACCESIBLE E ABERTO Á CIDADANÍA

CloudyX

CASTIÑEIRAS XA TEN TODO PREPARADO PARA TRES DÍAS DE FESTA

CloudyX