17 noviembre, 2026
Image default

Comeza a renovación da liña de abastecemento na rúa Sálvora en Aguiño para poñer solución ás frecuentes avarías

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación dirixida a renovar a liña de abastecemento de auga da rúa Sálvora en Aguiño. A obra, que tamén afecta á estrada DP-7305 incluíndo un tramo na parroquia de Carreira, está sendo executada pola empresa Excavaciones Nima, S.L., e comporta unha inversión de de 56.463,77 euros.

Na zona obxecto da actuación a liña existente é antiga e feita en fibrocemento, razón pola cal se producían frecuentes roturas que deixan desabastecidos a moitos veciños.

580 metros de longo
O obxectivo do proxecto técnico elaborado estriba en renovar a rede de abastecemento para evitar tales avarías, substituíndo a tubaxe de fibrocemento por outra de polietileno de alta densidade de 125 milímetros de diámetro. A súa lonxitude é de 580 metros e realizaranse ademais 11 acometidas domiciliarias.

A liña descorrerá por debaixo da beirarrúa, na que se reporán as baldosas de pavimento hidráulico afectadas.

O prazo de execución son 2,5 meses.

Related posts

DESCONTENTO ENTRE OS USUARIOS DO AUTOBÚS DE RIBEIRA DESPOIS DOS NOVOS HORARIOS INTRODUCIDOS POLA XUNTA

CloudyX

RIBEIRA IMPULSARÁ OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN ENMARCADOS NA PROGRAMACIÓN POLO 25N

CloudyX

RIBEIRA AVANZA CARA A NOVA RESIDENCIA DE MAIORES LOGO DE CEDER OS TERREOS Á XUNTA

CloudyX