O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación dirixida a renovar a liña de abastecemento de auga da rúa Sálvora en Aguiño. A obra, que tamén afecta á estrada DP-7305 incluíndo un tramo na parroquia de Carreira, está sendo executada pola empresa Excavaciones Nima, S.L., e comporta unha inversión de de 56.463,77 euros.
Na zona obxecto da actuación a liña existente é antiga e feita en fibrocemento, razón pola cal se producían frecuentes roturas que deixan desabastecidos a moitos veciños.
580 metros de longo
O obxectivo do proxecto técnico elaborado estriba en renovar a rede de abastecemento para evitar tales avarías, substituíndo a tubaxe de fibrocemento por outra de polietileno de alta densidade de 125 milímetros de diámetro. A súa lonxitude é de 580 metros e realizaranse ademais 11 acometidas domiciliarias.
A liña descorrerá por debaixo da beirarrúa, na que se reporán as baldosas de pavimento hidráulico afectadas.
O prazo de execución son 2,5 meses.