O departamento de Servizos Sociais muradán, e o Centro de Información á Muller (CIM), traballan ó longo do ano na loita pola igualdade entre homes e mulleres, e para comezar dende moi pequenos traballando esta materia, teñen uns colaboradores especiais, Os Bolechas.
Nesta ocasión, os Bolechas visitan o CIM de Muros e logo, acompañados pola psicóloga do CIM, Xulia, visitan aos seus amigos polas distintas parroquias do concello muradán, ao tempo que Xulia lles vai explicando distintos conceptos directamente relacionados coa Igualdade.
