Muros

FEIJÓO destaca as 131 bandeiras azuis como a mellor porta de entrada para descubrir a riqueza natural de GALICIA

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe as 131 bandeiras azuis das praias e portos galegos como a mellor porta de entrada para descubrir a riqueza natural de Galicia.
Durante o acto de entrega das bandeiras azuis, Feijóo afirmou que estas bandeiras son o resultado da aposta colectiva pola conservación do litoral. Un litoral rico en flora e fauna terrestre e mariñeira; seguro, con servizos de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios; e accesible para as persoas con discapacidade.
Así mesmo, destacou que Galicia seguirá sendo líder en sendeiros azuis, que distinguen os 26 camiños cara ás praias e aos portos máis respectuosos co medio natural; e contará con 14 centros azuis, nos cales se ofrece educación ambiental e cunha distinción temática, este ano para o concello de Muros, polo seu traballo en información e educación ambiental.
O responsable do Goberno galego referiuse aos máis de 1600 quilómetros de costa como economía, cultura, tradición, turismo e paisaxe.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.