Muros

A XUNTA solicitará ao colexio oficial de rexistradores da propiedade que estude a situación da oficina de MUROS

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, o decano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto José Pérez-Cepeda, e a delegada deste Colexio en Muros, María Monteagudo, co fin de abordar a situación da oficina en Muros do Rexistro da Propiedade Corcubión-Muros.

A delegación transmitiu á Xunta súa inquedanza ante a posibilidade de que non se estivera cumprindo o establecido no Real Decreto 195/2017, polo que se modificou a demarcación deste rexistro, e que sinalaba que as novas agrupacións deberían ser estritamente funcionais, de xeito que as oficinas xa abertas mantiveran todas as operacións que lle son propias.

O Goberno galego comprometeuse a trasladar esta preocupación ao Colexio Oficial de Rexistradores da Propiedade, ao que lle solicitará que estude o caso e exerza como mediador para buscar unha solución a esta situación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.