22 noviembre, 2026

A policía autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no CONCELLO DE MUROS

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago de Compostela informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Muros, unha actuación que se realizou en colaboración cos axentes do distrito forestal de Fisterra.

O lume tivo lugar o pasado 23 de abril, na parroquia de Serres, no concello de Muros, e afectou a unha superficie rasa de 0,02 hectáreas. O lume produciuse polo escape dunha queima realizada polas dúas persoas investigadas, e na que non se adoptaron as precaucións estipuladas na normativa.

Foron tramitadas dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda en Muros. No que vai de ano, son 40 as persoas detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autoras de incendios forestais.

Related posts

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX

MARÍA LAGO CARGA CONTRA OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CloudyX