A área de Cultura da Deputación da Coruña destina un orzamento de 335.200 € ao programa de subvencións a concellos para o mantemento de conservatorios e escolas de música e danza municipais.
A liña de subvencións para centros de formación municipais no ámbito da música e danza da Deputación da Coruña apoiará o funcionamento de 30 centros correspondentes a 28 concellos segundo a concesión provisional que se fai este xoves pública no Boletín Oficial da Provincia.
“Desde a Deputación queremos apoiar os centros de música e danza dos concellos que é fundamental para promover un maior acceso á formación cultural de toda a poboación”, destaca Goretti Sanmartín, responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña. “Os centros municipais non só contribúen a crear novos e novas artistas senón que, ao noso ver, teñen tamén un papel fundamental no acceso á cultura xa que son centros dinamizadores non só para o alumnado senón para todo o entorno ao seren focos de creación e difusión”, engade Goretti Sanmartín que, ao tempo, recoñece que a liña de subvencións “responde á filosofía da Deputación que quere apoiar a creación cultural máis alá das cidades, é dicir, que as persoas que viven en concellos medianos e pequenos teñan posibilidade de ter os mesmos servizos que os núcleos máis grandes de poboación”.
Subvencións a conservatorios e escolas de música e danza por concellos:
Lousame 8.500 €
Muros 8.500 €
Noia 19.000 €
Porto do Son 8.000 €
Ribeira 19.000 €
https://www.youtube.com/watch?v=FPridtP9Jwk