22 noviembre, 2026

Os polígonos de Vimianzo, A Laracha, Muros, Cee e Malpica abaratan os custes para o asentamento de empresas

As empresas que se instalen nos polígonos industriais de Vimianzo, A Laracha, Muros, Cee e Malpica beneficiaranse dunha redución nos custes do asentamento similar ao que aplica a Xunta desde o ano 2015 nos parques de titularidade autonómica.

Esta medida, que servirá de revulsivo económico tanto no entorno da Costa da Morte como no Barbanza, é froito das negociacións mantidas nos últimos meses entre a presidenta da SEPES, Lucía Morales, e a dirección provincial do Partido Popular na Coruña. Foi precisamente Diego Calvo o que trasladou a Lucía Molares (delegada territorial da Xunta ao mesmo tempo que Calvo ocupou a delegación territorial na Coruña) as demandas dos alcaldes e voceiros do PP nestes concellos para que os seus polígonos puideran “competir” en igualdade de condicións cos de titularidade autonómica.

“Esta é unha grande noticia para toda a provincia, que axudará ao movemento empresarial nestas zonas e que, dalgún xeito, evidencia a melloría da situación económica”, asegurou Diego Calvo, que tamén se felicitou de noticias como o futuro asentamento dun centro loxístico de Inditex no polígono de A Laracha.

Related posts

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX

MARÍA LAGO CARGA CONTRA OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CloudyX