Este domingo a Terceira Federación feminina recalou en Vista Alegre. A EFM Concello de Boiro recibía na súa casa ao pechacancelas, o Tomiño, equipo que aínda non puntuara na clasificación, pero que deu a sorpresa en terras barbanzás levándose o triunfo por 3-4. E as boirenses desbotaron unha gran ocasión que gañar e seguir escalando postos na táboa.

