A Preferente viviu esta fin de semana a súa décimo segunda xornada da competición e tan só o Noia puido sacar algo positivo. Os noieses amosaron unha gran versión para impoñerse ao Carral por 6-2. Pero o Puebla caeu ao descenso ao perder pola mínima co Miño e o Dumbría afúndese máis no último lugar ao caer ante o Órdenes.

