A Cachada vibrou unha fin de semana máis coa sétima xornada da Superliga 2. O Rotogal Boiro Voleibol enfrontouse a un duro rival, o Arona, que puxo as cousas moi difíciles aos locais. Os xogadores adestrados por Adrián Alves tiveron que amosar a súa mellor versión para deixar o triunfo na casa por un axustado 3-2.

