Onte celebrouse no Parlamento Galego a Comisión 2ª, de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos. Os representantes do BNG e do PSdeG-PSOE non asistiron á Cámara ao respaldar a folga xeral, a pesar diso a comisión desenvolveuse con normalidade ao cumprir o quórum esixido, pospoñéndose tratar cuestións presentadas polos nacionalistas e socialistas. Un dos puntos que se abordou foi o balance das medidas que vén impulsando o Goberno autonómico para facilitar o acceso da mocidade á primeira vivenda. Cuestión á que deu resposta o secretario técnico da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Yago Borrajo.

