O Nadal está á volta da esquina e o Concello de Ribeira vén de lanzar unha nova edición do seu programa de conciliación para esta época do ano. As vacacións escolares ao remate do primeiro trimestre impulsan ao concello a promover esta iniciativa, o Nadal Concilia, para facilitar a compatibilización da vida persoal e laboral das familias.

