O pasado venres o polideportivo municipal da rúa Venecia estaba engalanado para desfrutar do Xantar de Confraternidade das persoas maiores da Pobra do Caramiñal. As persoas acudiron coas súas mellores galas para desfrutar dunha xornada diferente, de xuntanza e divertimento. Puideron desfrutar dunha comida de nivel e dunha moi boa compañía, pero este ano a música non estivo presente por mor do loito oficial decretado polo Goberno do Estado polas vítimas do accidente ferroviario de Urda. Pero o baile de confraternidade para as persoas maiores ten nova data.

