Esta semana desenvolveuse unha nova sesión no Parlamento galego e unha das cuestións sobre as que se debateu foi sobre a postura da Xunta con respecto ao dereito á interrupción voluntaria do embarazo. A deputada socialista Paloma Castro fixo un repaso pola historia, cos acordos políticos que supuxeron o avance ou o retroceso deste dereito. E quixo saber a postura do Goberno autonómico nesta materia.

