A nivel galego, nacional e europeo, a lonxa de Ribeira é un dos referentes da pesca de baixura. O seu volume de comercializacións é do máis elevados poñendo á rula local á cabeza de Europa. Este 2026 comezou con poucas descargas e vendas por mor dos temporais que protagonizaron as primeiras semanas do ano, pero despois foron evolucionando favorablemente ata agora.

