As boirenses viaxaron á Coruña coa intención de reencontrarse coa vitoria, pero o choque comezou a torcerse moi pronto. Cando apenas transcorreron tres minutos de xogo, Sara Barros adiantou ao conxunto coruñés.
A pesar do golpe inicial, a barbanzá Iria Otero conseguiu igualar o marcador no minuto 17. Porén, a reacción local foi inmediata e o Victoria B volveu poñerse por diante cinco minutos máis tarde, ampliando a vantaxe antes do descanso.
Na segunda metade, a efectividade das locais rematou por noquear ás boirenses. Con dous novos tantos case consecutivos no arranque da reanudación e un hat-trick de Sara Barros, as coruñesas pecharon a goleada cun definitivo 7-1.
Isto deixa á EFM Concello de Boiro apostrada na novena posición con 6 puntos e pensando xa no seu vindeiro compromiso, no que recibirá no campo de Vista Alegre ao Atlético San Pedro co obxectivo de sumar os tres puntos.

