12.5 C
Chicago
21 octubre, 2026
Image default

BOAS XORNADAS ASINADAS NA PRIMEIRA FUTGAL PARA O CIDADE DE RIBEIRA E O C.D

O Cidade de Ribeira mantén o seu impecable arranque de tempada e continúa invicto tras sumar a súa cuarta vitoria consecutiva. Os de Manuel Ángel Pena golearon por 1 a 4 no campo do Umia nun encontro dominado do principio a fin. Isma e Eloy adiantaron aos ribeirenses na primeira parte, mentres que Antho e Felipe Blanco pecharon a conta no tramo final. Con esta vitoria, o conxunto ribeirense sitúase terceiro na táboa con 17 puntos, a tan só un do liderado.
Pola súa banda, o Unión de Asados confirma a súa liña ascendente ao lograr o seu segundo triunfo do curso vencendo por 1 a 2 no campo do Caldas. Óscar adiantou aos rianxeiros aos 10 minutos de xogo e, tras o empate local antes do descanso, Isma anotou o tanto da vitoria no minuto 77. Un resultado que lle permite ao conxunto vermello respirar na décima posición da táboa con 8 puntos.
A cara negativa da xornada asinouna o Abanqueiro, que caeu derrotado por 0 a 1 en Vista Alegre fronte á S.D. Amanecer. Nun choque igualado e con ocasións para os dous lados, o conxunto visitante aproveitou a súa oportunidade no minuto 79 para levarse os tres puntos. Unha derrota que deixa aos boirenses con 6 puntos, situados só un punto por riba dos postos de descenso.

Related posts

O CONCELLO DE RIANXO XA TEN TODO LISTO PARA A XII EDICIÓN DA SÚA CARREIRA POPULAR

CloudyX

MÁIS DE 600 TAECUTODISTAS EN RIBEIRA PARA A XXV EDICIÓNS

CloudyX

O BOIRO ASALTA O LIDERADO DA TERCEIRA RFEF

CloudyX