A alianza entre o Goberno galego e a entidade financeira supón unha inxección de tres millóns de euros destinada a reforzar a programación cultural, deportiva, patrimonial e social da vindeira cita xacobea. Durante o acto de sinatura co presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, o titular da Xunta agradeceu o apoio das empresas comprometidas cos proxectos estratéxicos da comunidade.

