Tras a xunta xeral celebrada polas confrarías, o sector ten todo listo para botarse ao mar nunha campaña que presenta semellanzas co ano anterior. Cunha presenza menor de berberecho e ameixa xapónica de talla comercial e coa práctica desaparición da ameixa babosa tras a mortaldade rexistrada o pasado exercicio.

