O conxunto dirixido por Miguel Ángel Ramos saltará ao terreo de xogo con todas as súas forzas tras o parón da xornada pasada, cando o encontro previsto contra o Domaio F.C. foi anulado despois de que este último fose retirado da competición ao non alcanzar o mínimo de xogadoras esixido.
En fronte, as locais terán a un dos conxuntos máis fortes e perigosos da competición, o R.C. Celta As Celtas B, un equipo que se atopa instalado na parte alta da clasificación e que poñerá a proba a solidez do bloque boirense ante a súa afección.
Un duelo atractivo e de máxima esixencia este domingo ás 17:00h en Vista Alegre, onde o equipo de Boiro buscará a vitoria e facer valer o factor campo.

