19.6 C
Chicago
8 octubre, 2026
Image default

CARA E CRUZ PARA OS EQUIPOS DO BARBANZA NA PRIMEIRA FUTGAL CON VICTORIA DO CIDADE DE RIBEIRA E DERROTAS DE ABANQUEIRO E UNIÓNCARA E CRUZ PARA OS EQUIPOS DO BARBANZA NA PRIMEIRA FUTGAL CON VICTORIA DO CIDADE DE RIBEIRA E DERROTAS DE ABANQUEIRO E UNIÓN

A sorte segueu sen estar do lado do Abanqueiro nun emocionante e disputado encontro sobre o verde de Vista Alegre. Os boirenses saltaron ao terreo de xogo cunha excelente disposición e conseguiron adiantarse cedo no marcador grazas a un acertado tanto de Raúl Millán. Con todo, o conxunto visitante reaccionou igualando a contenda e logrando posteriormente poñerse por diante.
O partido entrou nunha fase de máxima tensión na que o Abanqueiro buscou con todo a igualdade, obxectivo que acadaría case no final, no minuto 84, cando Jorge Teira anotaba o merecido 2-2. Pero cando todo apuntaba ao reparto de puntos, nunha última desgraciada acción no minuto 94, o Flavia anotou o definitivo 3-2, deixando aos locais sen premio e con 6 puntos na clasificación xeral.
Pola súa banda, o CD Unión vivu unha xornada para esquecer na súa visita do venres ao campo do San Martín, onde acabou cedendo un contundente 3-0 que o deixa instalado nos postos de cola da categoría, con 2 puntos no seu casilleiro.

Os rianxeiros xa comezaron o choque a remolque tras verse superados nos primeiros compases, encaixando o primeiro gol no minuto 16. Malia o golpe inicial, o equipo mantivo a compostura e tentou reaccionar, rozando o empate e pechando a primeira metade cun gol de Hugo Soto xusto no último suspiro. No entanto, na segunda metade o San Martín impuxo a súa pegada e sentenciou o duelo cun novo tanto no minuto 67 que poñía o 3-0 definitivo.
A fortuna estivo en cambio do lado do Cidade de Ribeira, quen prolonga o seu bo estado de forma e logrou unha importante vitoria pola mínima a domicilio fronte ao Cordeiro, nun choque traballado e de gran sobriedade defensiva.
O encontro mantivo a tensión e a igualdade durante gran parte dos minutos, ata que no minuto 73 apareceu Felipe Blanco para materializar un solitario gol que valeu ouro en anacos. Con esta nova vitoria a domicilio, o conxunto ribeirense recoleta tres novos puntos que o impulsan de xeito directo á cuarta posición da tabla, situándose con 11 puntos e consolidándose na zona noble da categoría.

Related posts

MANUEL PAREDES PARTICIPOU NO CAMPIONATO DO MUNDO DE RUTA QUE SE CELEBROU EN COPENHAGUE

CloudyX

O NOIA DEBUTOU NA PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA CON DERROTA

CloudyX

O LESENDE PECHOU A XORNADA COMO LÍDER DE GRUPO NA SEGUNDA FUTGAL

CloudyX