Onte, domingo, as rúas de Ribeira tinguíronse de laranxa na sétima edición da andaina solidaria en favor da Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros, Agaprem, e organizada polas Amas de Casa ribeirenses. A xente implicouse un ano máis nesta cita xa asentada no calendario e que tivo a praza do Concello como punto de saída e de chegada.

