Setembro encara o seu final, polo que o tan agardado verán despídese de forma oficial coa chegada de outubro. O outono hai unha semana que arrancou, pero o bo tempo dos últimos días fixo alongar a sensación de que o verán seguía presente. Agora o soño remata e a hostalería da comarca, sector que ten o período estival como un dos máis produtivos, fixo balance do mesmo.

