As instalacións municipais de Boiro afrontan a nova tempada deportiva cunha profunda renovación. Despois do contratempo inicial provocado pola aparición dun fungo no céspede de Barraña que obrigou a disputar o primeiro encontro fóra da casa, o recinto acollerá por fin este domingo o primeiro partido como anfitrións.
A posta a punto do recinto de Barraña nos últimos meses superou os 70.000 euros, destacando o adecentamento da cafetería nun 80%.

