O Partido Popular de Galicia inaugurou onte en Noia unha oficina parlamentaria, na que deputados e responsables locais desta formación política atenderán aos cidadáns e recollerán as súas propostas para a comarca de Muros e Noia.
O deputado Carlos López Crespo, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, e a tamén candidata ao Parlamento galego Ana Belén García Vidal, atenderon no día de onte a todas as persoas que se achegaron ata a oficina aberta na rúa Luis Cadarso, 1 de Noia.
A oficina estará aberta ao público todos os xoves, de 18 a 20 horas, coa presenza do deputado Carlos López Crespo.
