As históricas edificacións, testemuñas do nacemento do sector conserveiro a finais do século XIX, levaban décadas nun avanzado estado de ruína e deterioro que obrigaba a valelas e tapialas de xeito continuado por motivos de seguridade. Ante a imposibilidade económica e estrutural de acometer a súa recuperación, o Concello contratou unha intervención técnica para descartar a presenza de elementos de salazón protexidos.

