As históricas edificacións, testemuñas do nacemento do sector conserveiro a finais do século XIX, levaban décadas nun avanzado estado de ruína e deterioro que obrigaba a valelas e tapialas de xeito continuado por motivos de seguridade. Ante a imposibilidade económica e estrutural de acometer a súa recuperación, o Concello contratou unha intervención técnica para descartar a presenza de elementos de salazón protexidos.
UNHA ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA REALIZADA NAS RUÍNAS DAS ANTIGAS NAVES DE OS CATALÁNS, NA POBRA, NON ATOPA RESTOS DE VALOR


