24 septiembre, 2026
Image default

RIBEIRA ACOLLEU ESTA FIN DE SEMANA A OITAVA EDICIÓN DA CONCENTRACIÓN MOTEIRA OS REVENTAPISTÓNS

A programación arrancou con gran afluencia na xornada do sábado, combinando a tradicional paellada e a sesión vermú coas rutas pola comarca e a espectacular exhibición de stunt a cargo de Rui Santos.
Xa pola noite, chegou o momento máis emotivo da concentración coa Ruta Nocturna das Antorchas e o Pasillo de Lume, unha especial homenaxe aos compañeiros caídos que deu paso a unha gran festa.
A cita moteira pechou o seu programa o domingo coa última ruta turística pola zona de Aguiño, con paradas en O Porto e a Illa de Monteagudo, antes do xantar de confraternidade e a entrega de premios que puxo o broche final a esta edición.

Related posts

O BNG DE RIBEIRA LEVARÁ AO PLENO A FALTA DE VISIBILIDADE DE ALGÚNS CONTEDORES DE LIXO

CloudyX

290 PERSOAS DESFRUTARON DO XANTAR DO CLUB DE XUBILADOS DE AGUIÑO

CloudyX

AS IV XORNADAS MULLER E SAÚDE DE RIBEIRA CENTRÁNSEN NA NUTRICIÓN E O EXERCICIO FÍSICO

CloudyX