Este domingo deuse por finalizado o circuíto luso-galaico de natación despois de cinco xornadas. O nivel competitivo foi moi elevado entre os nadadores galegos e portugueses despois de que as Federación Galega de Natación e a Asociación de Natación do Norte de Portugal uniran forzas para organizar este circuíto. A derradeira proba desenvolveuse entre Porto e Gaia e todas as persoas participantes desfrutaron dun entorno único.

