A pesar de non acadar o billete á élite, o conxunto boirense deixou sobre a auga unha imaxe e unhas sensacións moi superiores ás da regata inaugural, amosando maior concentración e recortando distancias cos botes de cabeza.
Trala finalización desta esixente proba no País Vasco, a entidade xa ten posta a mirada no futuro e na planificación do vindeiro exercicio deportivo.
Un final agridoce para Cabo de Cruz, que se despide da tempada ás portas do ascenso pero coa base dun proxecto novo e consolidado para seguir competindo ao máximo nivel.

