Trátase dunha minuciosa peza feita con agarimo e que afonda na historia do naufraxio rexistrado fronte á illa de Sálvora o 2 de xaneiro de 1921. O buque Santa Isabel, tamén coñecido como o “Titanic Galego”, chega á Pobra do Caramiñal para contar un acontecemento que forma parte da nosa historia.

