21.1 C
Chicago
10 septiembre, 2026
Image default

ÉXITO NA XXII EDICIÓN DA ANDAINA 50K DE RIBEIRA

Ás 9:00h comezaba desde o complexo deportivo de A Fieiteira unha nova edición da Andaina 50k Concello de Ribeira. Un reto de resistencia con dous percorridos, un primeiro circuíto de 30 quilómetros e un segundo tramo de 20, que levou aos participantes por algúns dos espazos naturais e paisaxísticos máis destacados do municipio.
Desde a costa ata a montaña, pasando por lugares como Coroso, San Alberto, Pedra da Rá ou o Parque Natural, os camiñantes afrontaron unha ruta esixente, con preto de 800 metros de desnivel positivo.
E o balance non pode ser máis positivo: participación, ambiente e organización estiveron á altura dunha cita xa consolidada no calendario deportivo de Ribeira. Ademais, as condicións meteorolóxicas acompañaron e permitiron gozar da xornada sen grandes contratempos.

Related posts

O FEGAN PECHA EN RIBEIRA O CIRCUÍTO GALEGO DE AUGAS ABERTAS

CloudyX

A PRAIA DA RETORTA ACOLLE ESTE SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE REMO DE MAR

CloudyX

RESULTADOS DE TODAS AS CORES NO INICIO DA PRIMEIRA FUTGAL

CloudyX