Tres menores foron rescatados esta mañá na praia de Ancoradoiro, en Muros. Os mozos estaban a desfrutar dunha xornada de praia, cando arredor das 11:30 foron arrastrados pola corrente. Dous dos rapaces foron axudados pola Policía Local a sair da auga, xa con síntomas de hipotermia. O terceiro foi rescatado coa axuda dun surfista por un pesqueiro que faenaba na zona e posteriormente recollido por unha embarcación de Salvamento, que o trasladou ata o Peirao de Muros, onde o agardaba unha ambulancia que o trasladou a un centro hospitalario.
O 112 alertou a Salvamento Marítimo e á Sa de Garda Costas de Galicia. Ademais, solicitouse a colaboración, por terra, da Garda Civil, do GES e de Protección Civil de Muros.
https://www.youtube.com/watch?v=0sHOWamf7w8