24.2 C
Chicago
9 septiembre, 2026
Image default

O MUSEO DO GRAVADO DE ARTES ACOLLEU O PASADO SÁBADO UNHA VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN SOBRE XAIME QUESSADA

A visita, realizada o pasado 5 de setembro, permitiu achegarse a unha colección de arredor de 70 gravados realizados por Quessada nos anos 70. Un proxecto ambicioso que percorre a historia de Galicia desde a prehistoria ata a ditadura franquista.
Dólmenes, petroglifos, celtas, romanización, a invasión napoleónica, a República, a Guerra Civil ou a resistencia ao franquismo aparecen reinterpretados a través do particular universo expresionista do artista.
A serie permaneceu dispersa durante décadas e nunca chegara a exhibirse na orde concibida polo propio Quessada. A investigación e o traballo de recuperación impulsados polo comisario permitiron localizar, restaurar e ordenar de novo as planchas orixinais.

Related posts

A CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE DESTACOU EN RIBEIRA O TRABALLO DA NOVA UNIDADE DE INVESTIGACIÓN DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA

CloudyX

A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO BARBANZA SEGUIRÁ MOBILIZÁNDOSE

CloudyX

NOVA ODA AO TRAXE GALEGO EN RIBEIRA

CloudyX