O venres a ría de Arousa encheuse de barcos de vela que participaban na Regata Gadis. Organizada polo Club Náutico de Ribeira, esta proba alcanzou a súa vixésima edición e foi tamén a festa da Escola de Vela Ramiro Carregal Rey. 65 alumnas e alumnas da mesma competiron nesta proba que tivo catro categorías: optimist regata, optimis escola, ILCA 4 e multiclases. O venres desenvolveuse a regata na que o futuro da vela ribeirense amosou o seu bo facer.

