Ribeira xa ten unha nova cita marcada no seu calendario deportivo. O vindeiro domingo, 6 de setembro, a contorna da praia de Coroso albergará o Campionato Xunta de Galicia de Triatlón Súper Sprint e o primeiro Acuatlón Ribeira, dúas probas vinculadas ao mar que se celebrarán coa colaboración do Concello.

