32.6 C
Chicago
2 septiembre, 2026
Image default

TRIUNFO POLA MÍNIMA DO PORTUS APOSTOLI NO AMIGABLE ANTE O BRAGA

O Noia Portus Apostoli segue ultimando detalles para a súa posta de longo na Liga Prime Futsal e esta fin de semana disputou o seu penúltimo amigable. Nesta ocasión o conxunto dirixido por David Palmas mediuse este venres ao Braga en Sanxenxo e os noieses tiveron que empregarse a fondo para remontar e vencer por 3-2.

Iso que o encontro arrancou mal para os noieses. Apenas se disputara o primeiro minuto do partido cando un pase errado de Charly ante a presión do Braga, rematou dentro da súa propia portería. Os brancos repuxéronse e foron creando ocasións, achegándose cada vez con máis perigo á meta visitante ate que Rubi finalizou dunha forma espectacular unha xogada colectiva para poñer o empate no minuto 4.

A igualdade rompeuse ao cuarto de hora de xogo, despois de que David Pazos cabeceara ao fondo da meta do Braga un disparo un pouco desviado de Rubí. A primeira metade rematou co dominio branco e xa avanzada a segunda metade, no 35, Dani Colón aproveitou un pase en longo do seu meta e o erro na saída do porteiro visitante para poñer o 3-1. Nos minutos finais o Braga aproveitou a súa superioridade numérica logo da expulsión de Pazos para apertar o marcador no 38. Os visitantes apertaron, pero o 3-2 mantívose ata o remate do duelo.

Agora o Portus Apostoli afronta a derradeira semana de pretemporada como tal xa que o 12 debutará na Liga Prime Futsal na casa ante ElPozo Murcia. Pero antes ten o derradeiro test de preparación. Este venres os brancos desprázanse á Malata onde se medirán ao Parrulo Ferrol. Este último amigable arrancará ás 20.00 horas.

Related posts

A PRAIA DE COROSO SERÁ ESTE DOMINGO O ESCENARIO DE DÚAS IMPORTANTES PROBAS DEPORTIVAS

CloudyX

ALEJANDRO GONZÁLEZ, DANIEL IGLESIAS E MAIRA OTERO VENCERON NA REGATA GADIS

CloudyX

RIANXO IMPÚXOSE NO PLAYOFF DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS LOGO DUNHA GRAN REMONTADA

CloudyX