O verán chega á súa fin e toca facer balance. Tres meses que non todos viviron da mesma maneira, pero nos que case sempre houbo un oco para desfrutar.
Para algúns, o traballo deixou pouco tempo para as vacacións. Outros, aínda traballando, conseguiron combinar as obrigas cos días de praia, as festas ou as escapadas.

