32.7 C
Chicago
3 septiembre, 2026
Image default

RIANXO IMPÚXOSE NO PLAYOFF DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS LOGO DUNHA GRAN REMONTADA

As augas que bañan o peirao de Rianxo acolleron esta fin de semana a disputa dos playoff da Liga Galega de Traiñeiras. A Cabana-Ferrol, Narón, Rianxo e Salgado-Perillo competiron para saber cal das catro embarcacións aspiraría a competir a vindeira campaña na Liga A. Os rianxeiros, vencedores da Liga B, sufriron pero conseguiron impoñerse na xornada do domingo para anotarse o triunfo.

Narón e A Cabana competiron neste playoff ao ser a sétima e oitava clasificadas da Liga A e o sábado os ferroláns foron os máis rápidos en Rianxo ao vencer na primeira contra o reloxo aos locais por 4,5 segundos. O domingo melloraron as condicións meteorolóxicas e os rianxeiros dominaron a proba dende o primeiro dos catro longos.

A Cabana complicouselle a contra o reloxo e arrancou o segundo longo a 14 segundos de Rianxo, unha diferenza que non puideron salvar. Os anfitrións seguiron firmes, sen cometer erros e finalizaron con 9 segundos de marxe cos ferroláns. Narón rematou terceira e Salgado-Perillo, cuarta.

Rianxo encabeza a lista de traiñeiras que aspiran a remar na Liga A xa que o 2027 haberá oito tripulacións nesta categoría. O ascenso rianxeiro dependerá do que pase no playoff da Euskolabel Liga no que Ares aspira a firmar a permanencia e Cabo da Cruz e Tirán Pereira lograr a promoción.

Esta fin de semana Cabo acolleu a disputa da IV Bandeira Barbanza Arousa e non houbo moitas sorpresas. Orio sumou un novo triunfo que o confirma como vencedor matemático da Euskolabel, Bermeo foi segunda e Zierbena terceira. Ares finalizou novena, pero Chapela foi undécima, confirmando o seu descenso á Liga A.

Related posts

A CHUVIA NON IMPEDIU QUE OS PARTICIPANTES NA REGATA DO CIRCUÍTO PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO BRILLARAN EN BOIRO

CloudyX

DAVID DE LA FUENTE E AINOA GONTÁN FORON OS MÁIS RÁPIDOS DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA

CloudyX

O CIDADE DE RIBEIRA CONTINÚA A PECHAR O SEU EQUIPO PARA A NOVA TEMPADA

CloudyX