O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a cesión dos terreos nos que se levantará a Casa de Acompañamento a Persoas Maiores, CAM, do municipio rianxeiro. Este é un paso máis que dan as dúas administracións para facer realidade este centro residencial público que será supramunicipal despois da aprobación do pleno da Deputación.

