Plademar trata de buscar a maneira de mellorar da comercialización dos produtos pesqueiros. Nesta liña mantiveron días atrás unha Xuntanza co patrón maior de Fisterra, José Manuel Martínez Escarís , para coñecer o proxecto experimental impulsado pola Consellería do Mar que ten en marcha esta confraría, e tras comprobar os bos resultados acadados coa aplicación COMPRADOR ANDROID da empresa SIVSA de Vigo, considérano unha boa opción para a comercialización do berberecho e a ameixa.
PLADEMAR fai un chamamento a todas as confrarías da ría de Muros-Noia para que se sumen a un moderno sistema de compra-venda
Please login to join discussion