Para as florarías, o verán non é tanto sinónimo de máis vendas no día a día como de eventos. Vodas, comuñóns ou festas patronais ocupan boa parte da actividade durante estes meses.
En Alecrín, en Boiro, explican que o turismo tamén deixa pequenos xestos: visitantes que repiten estadía e agasallan os seus anfitrións cunha planta ou cun ramo de flores.

