15 agosto, 2026
Image default

AS PONTES PREPÁRASE PARA VIVIR ESTA FIN DE SEMANA A GRAN FESTA DO MOTOR.

Dous días para os amantes do motor, pero tamén para toda a familia. A Festa do Motor da Deputación da Coruña chega este sábado e domingo ás Pontes cunha programación gratuíta que vai moito máis alá da competición.
A actividade comezará o sábado ás 10:00h coa recepción dos pilotos. Só media hora despois, as grandes estrelas internacionais saltarán ao circuíto para realizar voltas de exhibición e recoñecemento aos mandos dos seus vehículos de competición.
Unha oportunidade para ver de preto a catro lendas dos rallyes. Stig Blomqvist, campión do mundo en 1984; Miki Biasion, bicampión en 1988 e 1989; Petter Solberg, campión en 2003; e o coruñés Luis Moya, dúas veces campión do mundo como copiloto de Carlos Sanz.
Haberá tamén exposicións de vehículos, simuladores profesionais de rally, merchandasing e, se o tempo o permite, un globo aerostático para contemplar As Pontes desde o aire.
A proposta complétase con gastronomía durante os dous días e actividades para os máis pequenos, que terán ao seu dispor un circuíto de educación viaria con karts a pedais.
E o domingo chegará o prato forte: a segunda edición do Rallyshow Deputación da Coruña.
Desde as 9:00h sucederase os adestramentos, a manga clasificatoria e as diferentes eliminatorias, xunto con exhibicións de Carcross, Drift e outras disciplinas.
A gran final está prevista para as 17:45h, antes da entrega de trofeos e dunha última exhibición cos pilotos convidados.
E para poñer o punto final a dous días de motor, espectáculo e actividades para todos os públicos, ás 19:00h será a quenda da música, cun concerto de Sés. Unha Festa do Motor que converte As Pontes, durante toda a fin de semana, no punto de encontro para varias xeracións de afeccionados aos rallyes.

Related posts

O ROTOGAL BOIRO VOLEIBOL PREPARA XA UNHA NOVA TEMPADA NA QUE A CONTINUIDADE SERÁ UNHA DAS SÚAS PRINCIPAIS APOSTAS

CloudyX

PUEBLA E NOIA ARRANCARÁN A TEMPORADA NA PREFERENTE COMO VISITANTES

CloudyX

HOXE ARRANCOU A REGATA RÍAS BAIXAS

CloudyX