15 agosto, 2026
Image default

O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU AS OBRAS DE MELLORA DO SANEAMENTO NO ENTORNO DO RÍO LAMEIRA, EN MARÍN

O río Lameira está a cambiar de aspecto. As obras de saneamento que se están a executar neste entorno permitirán retirar o antigo colector do leito do río e instalar un novo fóra del.
A actuación inclúe tamén un novo tanque de tormentas e melloras no sistema de bombeo, infraestruturas pensadas, para reducir o risco de vertidos, especialmente durante os episodios de choivas intensas.
O proxecto conta cun investimento de 4,1 millóns de euros e non se limita ao saneamento. A intervención contempla tamén unha senda peonil de 1,2 quilómetros, a eliminación de elementos degradados e a creación de novos espazos públicos para a veciñanza.

Related posts

O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU A SEDE DE BICO DE XEADO E SINALOU QUE ESTA INICIATIVA REPRESENTA O FUTURO SÓLIDO E COMPETITIVO DO RURAL GALEGO

CloudyX

O PRESIDENTE DA XUNTA AFIRMOU QUE GALICIA ESTÁ PREPARADA PARA VIVIR A ECLIPSE DE FORMA SEGURA

CloudyX

A XUNTA E OS AXENTES SOCIAIS ASINAN O ACORDO PARA O NOVO PLAN DE PREVENCIÓN E BENESTAR LABORAL

CloudyX