A auga e o pigmento únense para dar forma a catro maneiras diferentes de entender a acuarela.
Eva Garea Traba, Ana María Cortizo, María Asunción Rodríguez e Cristina Corral Vázquez presentan na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler unha selección das súas obras, con propostas que van desde o realismo ata a mancha máis expresionista.

