O centro de raqueta da praia de Coroso, en Ribeira, alberga dende o sábado unha nova edición do torneo de pádel Cidade de Ribeira. Esta é xa a novena ocasión na que se disputa esta competición que arrancou cos primeiros encontros vividos esta fin de semana e que se estenderá ata o vindeiro día 15.

