18.7 C
Chicago
1 octubre, 2026
Image default

O BOIRO IMPÚXOSE CON CLARIDADE AO NOIA NUN AMISTOSO CON CARÁCTER SOLIDARIO

O fútbol foi o protagonista, pero tamén a solidariedade. O Estadio Municipal Julio Mato “Matito” acolleu este encontro entre Noia e Boiro a beneficio de BarbanTEA, coa recadación das entradas destinada integramente á asociación.
Sobre o céspede, o Noia saíu intenso e presionando arriba. Os locais conseguiron incomodar un Boiro que non atopou facilidades durante a primeira metade.
Tras o descanso, con todo, os de Jose Tizón deron un paso adiante. Cambón, a pase de Yosi, abriu o marcador.
Pouco despois chegou o segundo, obra de Pablo Parada, cun espectacular disparo desde tres cuartos de campo que acabou na escuadra.
Landeira, tras aproveitar un segundo remate dentro da área, puxo o definitivo cero a tres.
O Boiro chegou a marcar dous goles máis, pero os tantos de Insua e Peque foron anulados.
Vitoria clara do Boiro nun partido no que o resultado foi o de menos. O equipo de Barraña continúa coa súa preparación de pretemporada e xa ten a vista posta na Copa RFEF.

Related posts

BOIRO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UNHA NOVA EDICIÓN DO TRADICIONAL DIA DA BICICLETA.

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA SABE O QUE É GAÑAR ESTA TEMPORADA

CloudyX

BOIRO ACOLLERÁ ESTE VENRES O I CAMPIONATO DE REMO INDOOR INTERCENTROS IMPULSADO POR CABO DE CRUZ

CloudyX